Blog da Biblioteca do IES de Curtis

29/11/17

PREMIOS LITERARIOS 2017

Esta semana na biblioteca do noso centro fixemos unha exposición dalgunhas das obras dos autores e autoras ós que lles foron concedidos os premios máis significativos ó longo do ano. Entre eles destacamos a:
  • Marilar Aleixandre
  • Antón García Teijeiro
  • Rosa Montero
  • Manuel Lourenzo González
  • Santiago Lopo
  • Ledicia Costas 
 É marabilloso poder gozar da literatura! Agardamos incorporar en breve ós nosos andeis algunhas das obras premiadas.
Parabéns a todos e todas!

29/9/17

UNHA BIBLIOTECA PARA APRENDER A PENSAR

       Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para as bibliotecas no curso que acabamos de iniciar. O ilustrador Xosé Tomás, un vello coñecido do noso centro que nos marabillou hai uns anos cun obradoiro de banda deseñada, é o creador do fermoso cartel que nos acompañará neste ano académico. 

      A celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural centrará boa parte das actividades que desenvolveremos dende a nosa biblioteca. A tarefa de aprender a pensar, contida no lema, relacionarase de xeito directo cos labores de investigación e de creación que os nosos rapaces e rapazas realizarán para coñecer mellor a riqueza cultural do continente. Coma sempre, o noso proxecto de traballo é ambicioso e quizais inabarcable, pero a ilusión coa que o abordamos sempre garante, se non todos, algúns logros. 

     Facemos nosas as palabras recentemente recollidas no blog de Bibliotecas Escolares, que resumen perfectamente o proxecto de Curtisbiblio: 

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos; para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

28/9/17

UNHA BIBLIOTECA PARA APRENDER A PENSAR

        
     "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para as bibliotecas no curso que acabamos de iniciar. O ilustrador Xosé Tomás, un vello coñecido do noso centro que nos marabillou hai uns anos cun obradoiro de banda deseñada, foi o creador do fermoso cartel que nos acompañará neste ano académico.
A celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural centrará boa parte das actividades que desenvolveremos dende a nosa biblioteca. A tarefa de aprender a pensar, contida no lema, relacionarase de xeito directo cos labores de investigación e de creación que os nosos rapaces e rapazas realizarán para coñecer mellor a riqueza cultural do continente.
Coma sempre, o noso proxecto de traballo é ambicioso e quizais inabarcable, pero a ilusión coa que o abordamos sempre garante, se non todos, algúns logros. Facemos nosas as palabras recentemente recollidas no blog de Bibliotecas Escolares, que resumen perfectamente o proxecto de Curtisbiblio:

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

8/3/17

XA TEMOS EQUIPOS GAÑADORES DO CONCURSO AMOR OMNIA VINCIT!


 Reunido o grupo de traballo da Biblioteca Sarmiento encargado de avaliar as respostas presentadas ao concurso Amor omnia vincit, emítese o seguinte fallo:


Resultado de imaxes para cupido

1º PREMIO:

 Andrea Juncal, 1º bacharelato B

Laura Lagares, 1º bacharelato B



2º PREMIO:

Marta Varela Bello,  1º bacharelato B

María Vaamonde Lesta, 1º bacharelato B


      A entrega de premios farase ao longo da Semana Cultural do noso IES, entre o 20 e o 24 deste mes. Parabéns ás gañadoras.

7/3/17

ENCUENTRO CON LA ESCRITORA MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE






       El martes, 7 de marzo, el alumnado de 2º y 3º de ESO de nuestro centro tendrá un encuentro con la escritora alavesa Marisol Ortiz de Zárate, autora de las novelas La canción de Shao-Li y Cantan los gallos, conocidas por el alumnado a través del club de lectura y de las lecturas opcionales de Lengua Castellana y Literatura. La presentación correrá a cargo del alumno de 3º de ESO, Jin Lei Dong; a continuación, conoceremos más de cerca el apasionante oficio de la creación literaria.

6/3/17

SEMPRE TENTANDO MELLORAR



                                                                                    Nestas últimas semanas o espazo da biblioteca viuse enriquecido coa colocación de orixinais combinacións de letras que indican onde atopar con maior facilidade distintos materiais e recursos. 







      Desde aquí, o equipo de biblioteca quere agradecer a labor de Balbina (Departamento de EPV), responsable da elaboración desas novas     mensaxes que axudan a mellorar a ambientación  deste lugar tan visitado do noso centro. 


PARA LER A ROSALÍA


     Rosalía está, como non podía ser doutro xeito, presente nestes días, máis ca nunca, no espazo da biblioteca. Imaxes ben fermosas e libros senlleiros da nosa poetisa cobren as mesas de exposición co obxectivo de achegarse ás mans dos que a diario visitamos este espazo.


20/2/17

LENDO E VENDO... DE CORAZÓN

        
      Estes días os libros e as películas de temática sentimental que repousan nos andeis, cobran vida e saen do seu espazo cotiá para tenderlle a man aos lectores que gustan das historias de amor.



Nunha zona próxima á mesa de empréstitos e devolucións, calquera pode pasar e ler o lema que sobre as portadas en forma de corazón invita a coñecer a historia que garda cada libro ou DVD. E se non hai moito tempo ou ganas de vir pola biblioteca, nos corredores hai tamén colgadas imaxes de portadas de libros co correspondente lema... 

 
Xa o sabedes: non hai desculpa para non entrar no apaixonante mundo das ficcións sentimentais...
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas