Blog da Biblioteca do IES de Curtis: NO IES DE CURTIS... TAMÉN É O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/12

NO IES DE CURTIS... TAMÉN É O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     No IES de Curtis non somos indiferentes a ese problema que golpea día tras día as nosas conciencias cando acendemos a tele, cando lemos o xornal ou cando escoitamos falar algún veciño na rúa ou na tenda: quen non sinte noxo ao saber de asasinatos ou maltrato físico ou psicolóxico?  Quen non sentiu algunha vez a humidade das bágoas nos ollos ante imaxes vergonzantes produto da violencia e do abuso?

     Profesores, pais, nais e alumnado temos que ser conscientes de que a nosa sociedade ten que eliminar esta lacra, cómpre que palabras como acoso, maltrato, violencia, desprezo... non teñan oco no noso dicionario. Para iso hai que traballar día a día, nas aulas, nas casas, nas rúas... É tarefa de todos.

    Velaquí unha serie de recursos de utilidade (música, cine, literatura, campañas televisivas...) que estamos a manexar en diferentes niveis do noso centro. Non o dubidedes: hai que facer algo e nós podemos axudar.



        Se vos gusta o relato curto, a xenial Pardo Bazán deixounos moitas narracións que nos mostran que a violencia doméstica non é un mal moderno: hai cen anos era xa algo do máis habitual. De paso,  podemos preguntarnos, ¿avanzouse todo o que cabería esperar nun século?. Recomendámosvos El indulto, El encaje roto, La dentadura e Las medias rojas. 

Tamén hai longametraxes moi interesantes:



E curtas tan impactantes coma útiles: Amelia e as sereas. 

      Nos vindeiros días estrearase tamén en TV o último anuncio preventivo do goberno. Nel participan  actores ben coñecidos, como a cantante Rosana e os actores Imanol Arias, Juanjo Artero, Mario Casas, Emilio Aragón ... Podedes ver unha pequena reportaxe da súa elaboración, con declaracións dalgúns participantes se premedes aquí.

 

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas