Blog da Biblioteca do IES de Curtis: NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO TAMÉN NO NOSO IES

3/11/16

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO TAMÉN NO NOSO IES

       

     
  Aínda que a ciencia está presente na nosa realidade durante os doce meses do ano, é neste no que tentamos incidir na importancia dos saberes científicos na sociedade e na cultura non só actuais, senón tamén doutros tempos. Na páxina web de Bibliotecas escolares recóllense importantes recursos para divulgar a ciencia en galego nos nosos centros educativos: experiencias levadas adiante por equipos de dinamización lingüística, taboleiro en pinterest con lecturas de divulgación científica, ofrecemento de maletas con lecturas científicas para os centros interesados (Economía, Ciencias en Secundaria, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas en Secundaria)... Aquí vos deixamos o folleto coa información da que vimos de falar e os enlaces para acceder a ela. O equipo de biblioteca ofrécevos a súa colaboración para aproveitar calquera destes recursos.



http://issuu.com/sarmientocurtis/docs/folletomes_da_ciencia_2016?e=23314823/40348964





No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas